Realizarase entre os días 27 de xullo e 4 de agosto de 2024.
Estará dirixido a nenos e nenas que nacesen entre os anos 2007-2014, ámbolos dous incluídos, e contará con dúas modalidades:
-
RÉXIME DE INTERNXS
Realizaremos as actividades diarias do campus e teremos a nosa hospedaxe nas instalacións do albergue “Salesianos” dende o sábado 27 de xullo ás 11:00h ata o domingo 4 de agosto ás 18:00h.
-
RÉXIME DE EXTERNXS
Comezarán cada xornada do campus ás 9:00h, comerán no restaurante do albergue xunto ao resto de compañeirxs, e rematarana ás 20:00h.
A única excepción a este horario será o 1º día do Campus, 27 de xullo, que comezarán tamén ás 11:00h, xunto co resto de participantes.
O bloque principal do campus será os adestramentos en pista, buscando a mellora técnico-táctica individual e o desenvolvemento das capacidades xa adquiridas, así como diferentes masterclass nas que poidan coñecer e traballar conceptos novidosos ou menos habituais, rematando cada día con diferentes competicións.
Outro importante obxectivo do campus será o de enriquecer os coñecementos baloncestísticos que xa poidan ter, mediante talleres de vídeo e análise de partidos, charlas arbitrais, coloquio con xogadoras/es profesionais…
E todo isto sen esquecer nunca a parte lúdica e social do campus, tendo así tempo de lecer e actividades de tempo libre e xuntanzas nocturnas.
Ademais, durante toda a semana realizaranse competicións, de maneira que o último día do Campus realizaranse sorteos e entregaranse regalos e premios para xs afortunadxs e gañadorxs.