Quen somos

Estrutura da asociación

O campus está organizado pola Asociación Baloncesto Alaricano, asociación sen ánimo de lucro creada no 2018 co fin de achegar o deporte da canastra á vila de Allariz a través de diferentes actividades que se saian do cotián.
Queremos potenciar a boa saúde deportiva da nosa vila e ao mesmo tempo acostumar a poboación a manter hábitos saudables e deportivos, promovendo a práctica do baloncesto en todas as idades, ademais de dar a coñecer Allariz por toda a comunidade a través do nexo deste marabilloso deporte.

A asociación está composta polas seguintes persoas e cargos:

  • Samuel Conde – Presidente
  • Iago Feijóo – Secretario
  • Luis Feijóo – Tesoureiro
  • Miguel Pérez – Vogal

 

Ademais do campus, dende a asociación estamos preparando outras actividades paralelas para as épocas estivais, como o visionado de documentais e partidos antigos de baloncesto, torneos na rúa, escolas de verán…

O equipo do Campus

Samuel Conde Conde

Director

Técnico alaricano, dende o 2017 co título de Adestrador Superior

Estivo 9 tempadas como técnico do C.B.Allariz, a maior parte delas nas categorías base femininas. Dende o 2016 colaborou coa Federación Galega de Baloncesto no seu organigrama, sendo adestrador axudante na selección Mini feminina dende o 2018.

Na tempada 2021-2022 formou parte das categorías base do Saski Baskonia S.A.D e do Cáceres Basket.

Na 2022-2023, adestrou no Unibasket Logroño, formando parte do equipo de Liga Feminina 2, das categorías base e coordinando o Programa Residencia.

Actualmente é o adestrador axudante do Clínica Ponferrada SDP da liga Leb Plata

A súa figura no campus será a de Director.

Iago Feijóo Alberte

Adestrador

Xogador referencia do equipo da vila nestes últimos anos, sendo un dos protagonistas na primeira tempada da historia do clube en 1ª Nacional. Dende o 2016 é peza clave do equipo da vila como adestrador.

Tras 7 tempadas como adestrador en dito club, ademais de adestrar en diferentes actividades nos veráns da vila, este ano será un dos adestradores principais da nosa estrutura.

Iago Castro Martínez

Adestrador

Adestrador superior de Sarria, Técnico Superior en Deportes, Mestre en Educación Primaria, Máster en Psicoloxía Deportiva.

Adestrador axudante no C.B.Breogán entre o 2019 e 2021. Campión da copa princesa, campión de liga e ascenso conseguido a ACB no pasado xuño de 2021.

Nas últimas dúas tempadas, estivo a traballar como adestrador axudante no Cáceres de Leb Ouro.

Actualmente adestra ao filial do Celta Baloncesto Femenino, ademais de adestrados de categorías base.

Paula García López

Adestradora

Adestradora superior, dende moi curta idade formou parte das categorías base do Baxi Ferrol, onde estivo sempre vinculada a equipos da canteira, ademais de coordinar e adestrar no grupo de necesidades especiais do mesmo clube.

Tamén formou parte do staff técnico da selección galega minibasket feminina e da selección cadete feminina en dúas etapas diferentes, logrando a 5ª praza no cto de España 2018, o 8º posto no 2020 e actualmente está a preparar o Cto nacional de xaneiro de 2024.

Patricia Vicente Alonso

Adestradora

Xogadora profesional zaragozana, que actualmente milita no Port Management CB Andratx de Liga Feminina 2.

Tras unha primeira tempada en LF2 en Zaragoza, en 2019 estivo no cadro do Celta Zorka, no que estiveron a piques de ascender á máxima categoría nacional.

Caracterizada pola súa rapidez e o seu tiro exterior, esta tempada busca seguir coa boa dinámica do ano anterior, ademais de acompañarnos no noso campus, no que tamén estará presente na figura de adestradora.

Miguel Pérez Gómez ``Mich``

Adestrador

Adestrador autonómico e xogador (actual capitán) no C.B.Allariz. Dende o 2014 dirixe e forma a equipos tanto de categoría masculina como feminina, tendo disputado ligas galegas como a cadete feminina, alevín feminina e alevín masculina. Actualmente dirixe ao alevín mixto. Colaborará no campus nas áreas de loxística interna e desenvolvemento das diferentes tecnificacións e adestramentos.